O partido de Copa do Rei entre a UD Ourense e o Pontevedra, pola TVG

Pontevedra
24 de outubro 2025

A televisión autonómica emitirá o enfrontamento de primeira rolda de Copa do Rei do próximo mércores 29 de outubro ás 20:30 horas

Partido entre Pontevedra CF e Osasuna Promesas en Pasarón
Partido entre Pontevedra CF e Osasuna Promesas en Pasarón / Cristina Saiz

Os afeccionados que non se poidan desprazar ao Estadio do Couto poderán ver o partido de Copa do Rei entre a Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra Club de Fútbol por televisión.

Segundo confirmou a TVG a través das súas redes sociais, a primeira eliminatoria, que se disputará o vindeiro mércores 29 ás 20:30 horas, será retransmitida a través da segunda canle da televisión autonómica.

As entradas para o partido poden adquirirse a través da páxina web do conxunto ourensán por un prezo de 25 euros en Tribuna e 20 en Preferencia. Os menores poden adquirilas por 5 euros.

Ademais, o club da Cidade das Burgas puxo á venda por 10 euros unha bufanda conmemorativa que tamén estará dispoñible o día do enfrontamento.

Este será un do tres partidos que afrontará o Pontevedra en tan só seis días, empezando polo de liga deste domingo fronte ao Arenteiro no Espiñedo (12:00 horas).

O mércores 29, os granates regresarán a Ourense para medirse á Unión Deportiva Ourense no choque de Copa do Rei, e o sábado 1 de novembro volverán a Pasarón para disputar un novo partido de liga, esta vez fronte ao Zamora CF ás 14:00 horas.