No seu primeiro ano na categoría júnior Irene Trabazo vai camiño de conseguir o título de campioa da Copa España de Ciclocrós.
Aínda queda moito que pedalear, pero a pasada fin de semana a deportista do Club Ciclista Marín deu un paso de xigante cun dobre triunfo no País Vasco.
Trabazo impúxose con comodidade nas probas disputadas en Ametzaga de Zuia e Elorrio aproveitando a ausencia da súa principal rival ata o momento, Desirre Duarte.
Cos 50 puntos logrados esta fin de semana a marinense abre un oco de 49 coa súa inmediata perseguidora, que pasa a ser Paula Díaz (96), polos 85 de Duarte.
Por outra parte o seu compañeiro de equipo Guillermo García asinou unha décimo sétima e unha sexta praza respectivamente e sitúase no sétimo posto da xeral en categoría cadete.
A sétima proba puntuable da Copa de España disputarase en dúas semanas en Navia.