Patricia Martínez e Adrián Esperón revalidan o seu título de campións de España de Baile Standard

Pontevedra
27 de abril 2015

A parella pontevedresa revalidou por undécima vez a súa coroa nacional nunha competición celebrada en Granada

Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo
Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo

O Palacio de los Deportes de Granada acolleu a pasada fin de semana os Campionatos de España de Baile Deportivo na modalidade de Standard.

Na cita volveron brillar os pontevedreses Adrián Esperón e Patricia Martínez, defendendo con éxito o seu título de campións nacionais.

ÿ a undécima vez que o conseguen un campionato de España na súa carreira, o que lle achega ademais o dereito de ser a parella que represente a España nas grandes competicións internacionais.

Este título únese ao logrado o pasado mes de febreiro na modalidade de 10 Bailes.