Satisfacción na Sociedad Gimnástica polo resutado dos seus atletas no recente Campionato de España Cadete celebrado en Murcia.
O club pontevedrés sumou unha medalla na competición, o bronce logrado por Paula de la Torre nos 1.000 metros lisos despois dun emocionante sprint na final desta distancia.
Paula conseguiu a súa mellor marca persoal cun tempo de 2:56.87, quedando a só cinco centésimas da medalla de prata. Na mesma proba Blanca Armenteros foi undécima na final, á que chegara tamén tras conseguir o seu record persoal (3:03.66).
Outro deportistas que rebaixou sensiblemente o seu mellor rexistro foi Hugo Soto nos 3.000 metros, ao correr ata 9 segundos máis rápido que a súa anterior marca e entrar en meta cun tempo de 9:15.87.
Pola súa banda Raúl Cortizo foi quinto no salto de altura (1,81 metros), Pablo Boleas décimo noveno nos 300 valos e Ainhoa Vázquez vixésima nos 3 quilómetros marcha completando o papel da Gimnástica na competición.