Paula Fernández, flamante campioa de España Sub-18 de Cros

Pontevedra
26 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:01

A atleta da Sociedad Gimnástica proclamouse campioa nacional no Campionato de España de Campo a través por Federacións disputado na localidade cordobesa de Almodóvar del Río

Paula Fernández imponense no Campionato de España Sub 18 de Cros RFEA

A Sociedad Gimnástica está de parabén polo título nacional logrado a fin de semana por unha das súas atletas.

Paula Fernández deu un paso máis na súa espectacular progresión ao proclamarse Campioa de España Sub-18 de Campo a través, na competición por Federacións celebrada na localidade cordobesa de Almodóvar del Río.

A nova promesa do equipo pontevedrés brillou sobre o barro impoñendose nun emocionante sprint final.

Venceu cun tempo de 18 minutos e 41 segundos, con apenas 2 segundos de vantaxe sobre Sara Masanet e tres segundos sobre Lluna Villar, deportistas ambas as dúas da Comunidade Valenciana.

Paula Fernández, campioa de España de crosRFEA

Pero non foi o úniuco metal con cor pontevedresa no Campionato de España de Campo a través.

A outra chegou na categoría Sub-20 por equipos, na que Galicia colgou o ouro.

A ese resuñtado colaboraron as tamén ximnásticas Sabela Martínez e María Estévez cun cuarto e undécimo posto individual respectivamente.

Galicia logrou o título de maneira clara, con 27 puntos de vantaxe sobre a selección de Andalucía e 30 sobre a Comunidade Valenciana, prata e bronce.