Pedro García, baixa para os próximos encontros por unha rotura fibrilar

Pontevedra
17 de febreiro 2015

O futbolista estará de baixa polo menos dúas semanas máis. Xa se perdeu o último encontro de liga por sanción. O encontro de Copa Deputación do xoves en Cuntis servirá para probar a Fran Fandiño, Benja ou Centrón tras superar os seus problemas físicos

Pedro García no partido entre Bergantiños e Pontevedra
Pedro García no partido entre Bergantiños e Pontevedra / PontevedraViva

Luisito non poderá contar con Pedro García polo menos durante dúas semanas máis. O centrocampista, que se perdeu o encontro ante o Sanxenxo por sanción, arrastraba molestias no abdutor que lle impedían exercitarse ao mesmo ritmo que os seus compañeiros.

As probas que se lle realizaron confirman que sofre unha rotura fibrilar, polo que é baixa segura para os próximo compromisos ligueiros do Pontevedra.

Ademais Campillo é dúbida para o choque ante o Racing Villalbés por unhas molestias musculares, pero pola contra Luisito poderá contar con outros futbolistas que xa superaron os seus problemas físicos.

ÿ o caso de Capi, que podería volver á convocatoria unha vez superada a súa lesión muscular, ou de Fran Fandiño, Benja e Centrón, que terán minutos no choque de Copa Deputación do próximo xoves en Cuntis para testar o seu estado de forma.

O partido ante o Atlético Cuntis disputarase ás 21:15 horas no campo da Ran.