A Sociedad Deportiva Teucro conseguiu este sábado, no seu regreso ao Pavillón Municipal, unha importante vitoria ante un rival directo, o Balonmano Xiria. Os de Irene Vilaboa asinaron o seu terceiro triunfo da tempada nun duelo que dominaron desde o principio pero que se complicou na segunda parte.
Anotaron unha parcial inicial de 9-2 que antollaba que o partido ía ser carne sen ósos, pero nada diso. O Xiria espertou a falta de 15 minutos para o descanso e reduciu distancias para facer o 14-10 que daba ás para afrontar o segundo tempo.
O receso sentou mellor ao Xiria, que tras o paso polos vestiarios castigou as imprecisións e erros do Teucro para poñelo en aprietos. Iso si, o empate nunca se produciu e só foron capaces de recortar a distancia ata un tanto e mantelo ata o final (16-15, min. 12).
Os de Irene Vilaboa souberon pelexar e agarrarse a esa pequena distancia que os achegaba a outro triunfo ante a súa afección, e aproveitaron o intercambio de golpes que se produciu para seguir mandando no marcador.
E arroupados pola súa xente afrontaron os últimos minutos dun duelo que se puxo de fronte ao comezo pero que se foi complicando aos poucos, vivindo unha agónica recta final na que se certificou a vitoria do cadro azul (22-21).