O Poio Bike Club, Javi Rodríguez e Lorena Nieto, premios San Xoán 2025

Poio
12 de xuño 2025

Os premios do deporte local en Poio entregaranse o domingo 22 de xuño, coincidindo coa lectura do pregón das festas

Javi Rodríguez, no partido de liga entre Real Madrid e Celta
Javi Rodríguez, no partido de liga entre Real Madrid e Celta / LaLiga

Desvelados os gañadores dos Premios San Xoán 2025, recoñecementos que outorga anualmente o Concello de Poio a deportistas, persoas e entidades pola súa achega ao deporte local.

O Consello Municipal de Deportes decidiu que outorgar o premio a mellor deportista masculino ao futbolista Javi Rodríguez, tras consolidarse como xogador de Pirmera División no Real Club Celta, e a mellor deportista feminina á piragüista Lorena Nieto polos seus éxitos nacionais e internacionais.

Asímismo será recoñecido como mellor entidade deportiva o Poio Bike Club "polo seu labor na promoción e práctica do ciclismo", destaca o Concello.

Os Premios San Xoán 2025 tamnbién outorgarán diferentes mencións especiais.

En categoría feminina estas mencións serán para Sabela Martínez (campioa de España de atletismo), Inés Arosa (subcampioa do Mundo de kaiak-polo), Carolina Santos (campioa galega de medio maratón) e Sofía Martínez (xogadora do Poio Pescamaer convocada pola Selección Española Sub-15).

A nivel masculino os distinguidos son Anxo Filgueira (subcampión nacional sub18 de lanzamento de martelo), Cristian Fernández Nieto (bronce no Mundial de acuatlón), Diego Piñeiro (bronce no Mundial de piragüismo maratón), Manuel Expósito (campión galego de pickleball) e Álex Meira (campión nos Xogos Europeos de Transpalnatados).

En equipos o reconocmiento é para o Atlético Combarro, Combarro Veteranos, Infantil Combarro e Poio Pescamar.

A maiores decidiuse outorgar un recoñecemento especial á Subida A Escusa e á Escudería Buxa Motor no 25 aniversario da proba automobilística, e entregarase un premio a título póstumo a Pablo Hinojar, seleccionador nacional de ximnasia acrobática falecido inesperadamente en outubro de 2024.

Os Premios San Xoán 2025 entregaranse o domingo 22 de xuño, coincidindo coa lectura do pregón das festas na Praza do Concello.