Poio Pescamar especialízase en gañar aos grandes e tamén supera ao Alcorcón (1-0)

Poio
29 de abril 2017

Cun solitario gol de Jenny, o Poio Pescamar levou os tres puntos ante o Alcorcón o que lle permite acceder á quinta praza da táboa clasificatoria superando ao Ourense Envialia, o seu próximo rival na final da Copa da Xunta o vindeiro luns

Partido entre Poio Pescamar e AD Alcorcón na Seca
Partido entre Poio Pescamar e AD Alcorcón na Seca / Cristina Saiz

Cun solitario gol de Jenny, o Poio Pescamar levou os tres puntos ante o Alcorcón o que lle permite acceder á quinta praza da táboa clasificatoria superando ao Ourense Envialia, o seu próximo rival na final da Copa da Xunta o vindeiro luns.

O partido resultou moi equilibrado, cun Alcorcón que optaba por presionar en tres cuartos de pista desde o comezo ante un conxunto pontevedrés que optaba por emprazar unha dobre liña defensiva en metade de campo.

As locais coas súas transicións ofensivas e as visitantes cos seus ataques en estático non conseguían facer bos os seus achegamentos de perigo, chegándose ao descanso con empate a cero.

O segundo tempo parecía non cambiar as cousas, ata que a seis minutos do final, Jenny, nun roubo de balón culminaba unha contra en superioridade numérica para regatear ao seu par e superar a Belén para conseguir o único gol do partido.

O tanto obrigaba ao conxunto oleiro a tratar de arriscar no tramo final do partido, onde apostou polo xogo de cinco, pero non atoparon claridade nos metros finais para igualar un choque que se acabou apuntando o conxunto local, sumando a súa terceira vitoria consecutiva e especializándose en tombar aos grandes para asinar lle mellor tempada da súa historia.

POIO PESCAMAR (1): Silvia; Jenny, Ceci, Ale de Paz e Jessy (quinteto inicial). Tamén xogaron, Patri, Cárol, Charo e Yoli.

AD ALCORCÓN (0): Ana del Río; Isa García, Irene Samper, Anita Luján e Vadillos (quinteto inicial). Tamén xogaron, Belén (P.S.), Chili, Clara, Desi, Ana Rivera e Vane Sotelo.

Árbitros: Óliver Cardero Rodríguez e Gutín Garrido (Galicia). Amoestaron a Irene Samper no Alcorcón.

Goles: (1-0) Minuto 34: Jenny.

Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 300 espectadores.