O Poio Pescamar foi protagonista na gala de premios da Asociación Nacional de Entrenadores de Fútbol Sala (ANEFS), celebrada durante esta fin de semana en Manzanares, Cidade Real.
O evento recoñeceu aos mellores clubs, deportistas e adestradores da tempada 2025/2026, entre os que destacou tanto o equipo conserveiro como o seu preparador, Luís López-Tulla.
Por unha banda, o técnico recibiu a distinción de Mellor Adestrador da Primeira División feminina pola súa "gran labor, liderado e contribución ao crecemento do fútbol sala feminino"
Trátase da segunda vez que recibe este recoñecemento.
Logrouno por primeira vez en 2023, na tempada do seu debut co conxunto conserveiro, onde levou o equipo a disputar o seu primeiro playoff polo título e asinar a mellor puntuación ligueira até a data.
Ademais, o Poio Pescamar foi recoñecido como Mellor Equipo Revelación Feminino de Primeira División pola "tempada sobresaliente, marcada polo seu crecemento deportivo, competitividade e a consolidación dun proxecto que se converteu nunha das grandes revelacións do fútbol sala feminino".
Este galardón "tamén pon en valor o traballo conxunto de xogadoras, corpo técnico, directiva e afección, cuxo esforzo foi clave para alcanzar este recoñecemento".
Desde o club mostraron o seu agradecemento á ANEFS por uns premios que pon en valor o traballo que realizan durante todo o ano.