Pontemuíños acollerá un partido da Liga Mundial de waterpolo entre España e Hungría

Pontevedra
20 de marzo 2018

Pontevedra cerra o mes de marzo cunha programación cargada de actividades relacionadas co waterpolo. Ademais da Eurocup, entre o 22 e o 24 de marzo, España enfrontarase a Hungría o día 27 nunha xornada da Liga Mundial

Waterpolo na plaza da Peregrina promocionando as actividades dos próximos días
Waterpolo na plaza da Peregrina promocionando as actividades dos próximos días / Clara Alonso

Pontevedra empeza a convertersem durante uns días, no centro de atención para o waterpolo mundial. O mes de marzo péchase cunha programación cargada de actividades relacionadas con este deporte.

Durante os próximos días 22, 23 e 24 terá lugar no Complexo Deportivo Ríos do Sur de Ponte Muíños a fase final da Europa Cup Feminina onde seis equipos nacionais disputarán o seu pase á final.

Ademais, o martes 27 a Selección Española de Waterpolo Feminino enfrontarase a Hungría unha xornada da Liga Mundial. O evento celebrarase nas piscinas olímpicas de Ponte Muíños ás 21:30.

A Europa Cup promocionouse este mércores na praza da Peregrina convidando a todos aqueles que quixesen probar a súa destreza no waterpolo. Os nenos e adolescentes do grupo deportivo encargáronse diso animando á xente e compartindo os seus trucos para conseguir os mellores lanzamentos.