Pontevedra, a 50 días dos Mundiais Multideporte de Tríatlon

Pontevedra
30 de abril 2025
Actualizado: 14:57

"Por esta cidade van pasar máis de 4.000 triatletas de máis de 50 países", lembrou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a 50 días de que dea comezo o gran evento deportivo

A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais Multideporte
A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais Multideporte / Mónica Patxot

Desde este mércores 30 de abril, xusto a 50 días de que se inicie, o balcón da Casa Consistorial lucirá personalizado cun distintivo dos Mundiais Multideporte de Tríatlon.

Todo iso coa silueta do Loro Ravachol, obra do ilustrador pontevedrés David Campos, no centro das miradas.

O gran evento deportivo celebrarase na Boa Vila do 20 ao 29 de xuño, e por el pasarán "máis de 4.000 triatletas de máis de 50 países", lembrou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais Multideporte
A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais MultideporteMónica Patxot

O rexedor, acompañado de representantes do tres grupos políticos que confirman a corporación municipal, quixo "felicitar a todos os que están a traballar para organizar este evento".

Acordouse ademais dos voluntarios, salientando que "aínda queda sitio" para máis porque "todos van ser ben acollidos".

Serán ademais uns Campionatos do Mundo Multideporte máis complexos que os celebrdos en 2019, e é que "varias probas se van a facer non Pontillón, hai máis probas... E en teoría van a vir máis triatletas", lembrou o alcalde.

A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais Multideporte
A Casa Consistorial viste de tríatlon a 50 días dos Mundiais MultideporteMónica Patxot

A nivel deportivo en Pontevedra, dentro deste gran evento, celebraranse os campionatos do mundo de dúatlon (21 de xuño), tríatlon cros (24 de xuño), dúatlon cros (26 de xuño), acuatlón (27 de xuño), aquabike (29 de xuño) e tríatlon de longa distancia (29 de xuño).

A iso sumaranse eventos paralelos e tamén as cerimonias de apertura e de clausura, esta última coa actuación xa confirmada do grupo Liorta, do que é compoñente Javier Gómez Noya.