Pontevedra prepárase para acoller o Mundial de Tríatlon Multisport a finais de xuño, un evento que, segundo a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, realízase grazas ao "esforzo coordinado" da cidadanía, cun papel fundamental do voluntariado.
Foi precisamente na carpa instalada na Praza de España con motivo do evento, onde Gulías, xunto co coordinador do evento, Miguel Balea, destacaron "tremenda implicación da xente", con máis de 300 persoas xa apuntadas cando restan pouco máis de 40 días para a celebración.
"Cada vez queda menos e a tensión vai en aumento", sinalou Balea, quen asegurou que van "no bo camiño" ao ter cubertos máis de 900 das 1.700 quendas previstas.
É por iso que fixo un chamamento a que a xente se apunte para poder organizar as quendas de traballo e recoller a dispoñibilidade de cada un.
As persoas voluntarias terán tres quendas durante os días de competición e poden elixir en que área prefiren colaborar e dáselles a opción de estar con amigos ou familiares.
O coordinador aproveitou tamén para informar sobre a organización da loxística, incluíndo a alimentación (tendo en conta as intolerancias) e a preparación de actividades.
Os voluntarios recibirán unha formación obrigatoria, que incluirá unha parte presencial e outra a través dun manual dunhas 60 páxinas. Ademais, proporcionarán información aos triatletas e acompañantes sobre servizos como supermercados, farmacias ou centros sanitarios.
Tamén se lles dará un equipamento que, como todos os anos, constará dunha gorra, dúas camisetas, sudadera, cortavientos, chubasquero e mochila, ademais da acreditación correspondente.
As quendas de traballo, que non superarán as 6 horas, asignaranse a principios de xuño, cando esperan alcanzar a cifra de 350 voluntarios. Todos eles contarán cos seguros correspondentes.
En canto ao perfil das persoas xa apuntadas, Balea indicou que moitos repiten experiencia, incluíndo xefes de grupo, pero que na súa maioría son novas de entre 14 a 20 anos e adultos a partir dos '30 e tantos', chegando até os '70 e pico'.
Tamén se sumaron persoas de fóra, que veñen a Pontevedra para acompañar ou participar no tríatlon e aproveitan para colaborar.
As persoas interesadas en formar parte do evento poden inscribirse de forma presencial na sede física da Oficina de Voluntariado, situada en Benito Corbal, ou a través do correo [email protected] ou o contacto telefónico 606 119 915.