Pontevedra despídese das acrobacias despois de cinco días de espectáculo

Pontevedra
02 de xullo 2023

Pontevedra despediuse este domingo das acrobacias despois de cinco días de espectáculo nos que os campionatos de España de ximnasia acrobática e o Open Internacional do Club Treboada invadiron o Pavillón Municipal  

Celebración dos campionatos de España de ximnasia acrobática no Municipal Mónica Patxot

Pontevedra despediuse este domingo das acrobacias despois de cinco días de espectáculo nos que os campionatos de España de ximnasia acrobática e o Open Internacional do Club Treboada invadiron o Pavillón Municipal.

Máis de 900 ximnastas procedentes de clubs de todo o territorio nacional e un chegado desde Portugal aterraron na Boa Vila para deleitar a numerosos asistentes que se achegaron para gozar do gran espectáculo no que predominaron os saltos, os castelos humanos e as figuras imposibles.

O evento coroou aos campións nacionais desde a categoría alevín ata a sénior, que realizaron as súas rutinas en parellas, tríos e grupos.