Empeza a conta atrás para o Campionato do Mundo de Dúatlon 2014 do que Pontevedra será sede.
A cidade de Lérez recolleu o 'testigo' de Ottawa coa disputa a pasada fin de semana do Mundial 2013 na capital canadense, onde a representación española obtivo dúas medallas nos Grupos de Idade, ouro de Fernando Fernández e bronce de Octavio Pérez nas súas respectivas categorías.
A proba pontevedresa segue avanzando na preparación dun evento deportivo que xa ten confirmada a súa data definitiva, fixada para os días 31 de maio e 1 de xuño do próximo ano, sábado e domingo.
O Mundial disputarase os días 31 de maio e 1 de xuño
Ademais a organización activou a súa conta oficial de Twitter @ITUDUATHLON2014, onde poderán ir coñecéndose os detalles dun campionato que reunirá en Pontevedra a deportistas en categoría elite, sub-23, Júnior, Paratríatlon e nos diferentes Grupos de Idade.
Durante os días de competición en Ottawa, as diferentes federacións nacionais de tríatlon tiveron a ocasión de presenciar unha conferencia a cargo da delegación española onde se ofrecían máis detalles sobre o Mundial 2014.