O Pontevedra Club de Fútbol regresou á senda do triunfo despois de superar o Langreo por 2-1.
O conxunto granate foi de menos a máis e viuse obrigado a remontar un gol en contra de Iván Breñé para terminar sentenciando cos tantos de Yelko e Álex González.
Coa idea de ir a polo tres puntos e seguir o ronsel do Numancia, Yago Iglesias decidiu facer cambios con respecto ao once da semana anterior e apostou por Rufo en punta, Xabi en banda dereita e Chiqui, que recuperou titularidade, na esquerda. Rares e Yelko compartiron a medular con Brais máis adiantado, Edu Sousa baixo paus e defensa de catro con Garay, Pelayo, Igor e Héctor.
E desde o minuto un foron os granates os que trataron de levar o dominio do esférico, combinando en campo contrario e buscando penetrar na área dun Langreo que formou un muro de sete para frear calquera acción de perigo. Ademais, o estado do terreo de xogo na área de Fondo Sur estaba impracticable e os xogadores locais non eran capaces de trenzar ningunha xogada sen tropezarse.
De feito, e que a pesar de que o Pontevedra pisaba zona de perigo, non lograba xutar até alcanzado o minuto 12 de xogo. Yelko probou fortuna desde a media lúa, pero o seu disparo marchou desviado e, minutos despois, Rares remataba entre o tres paus, pero moi bambo e sen problemas para Adri Torre.
Pasado o ecuador do primeiro tempo, o Langreo deu un paso adiante con xogadas á contra e os locais empezárono a pasar mal. A primeira acción acabou en disparo desde o costado esquerdo de Menéndez, que Edu enviou a córner, e a seguinte finalizouna Breñé, que se plantou só ante o porteiro, pero a xogada foi anulada por fóra de xogo. Minutos despois, Ordóñez volveu pór un centro similar ao da xogada anterior e Pablo Álvarez rematou de cabeza desviado.
Ao fío do descanso, os visitantes tiveron unha última ocasión que chegou tras unha posible falta a Pelayo, pero o tiro de Álex Menéndez marchou rozando o pau.
Tras o paso polos vestiarios o ritmo do partido cambiou por completo e o Pontevedra meteu unha marcha máis, pasando a asediar con claridade a portaría rival con centros laterais que Brais encargouse de rematar. O primeiro parouno o porteiro e o segundo foise fóra.
Con todo, a pesar dos avisos por parte dos granates, foi o Langreo o que atopou o gol por medio de Iván Breñé, que disparou cruzado para aloxar o balón na rede.
Pero a alegría durou moi pouco ao equipo visitante e é que, un minuto despois, os de Yago Iglesias devolveron o empate ao marcador. Héctor centrou desde a esquerda e Yelko cazou o esférico de primeiras para subir o 1-1 e dar esperanzas ao seu equipo.
E a partir de aí, o partido converteuse nun monólogo por parte do Pontevedra, que se empezou a gustar e tivo claras accións coas que dinamitar o choque por medio de Rufo e Rares.
O que o logrou, en cambio, foi Álex González. O capitán correu desde o medio campo, foise do seu par e definiu de forma perfecta ao pau curto do porteiro para dar a volta ao resultado.
Tras o gol, o conxunto granate continuou envorcado en ataque para aumentar a diferenza, pero Adrián Torre e a defensa encargáronse de impedilo.
PONTEVEDRA CF (2): Edu Sousa, Igor, Rufo (Iago Novo, min. 79), Yelko, Chiqui (Charly, min. 88), Brais Abelenda, Xabi (Miguel Cuesta, min. 63), Garay, Pelayo, Rares (Samu Maio, min. 79) e Héctor (Álex González, min. 63).
UP LANGREO (1): Adrián Torre, Ordóñez, Álex Menéndez (Enol Rodríguez, min. 65), Pablo Álvarez (Lucas Suárez, min. 74), Iván Breñé, Juan López, Omar Álvarez, Orviz, Liam, Pablo Ares e Guille Cueto (Dacal, min. 70).
Goles: 0-1, Iván Breñé, min. 57. 1-1, Yelko, min. 58. 2-1, Álex González, min 74.
Árbitro: Guillermo García Presa (Castela e León), asistido nas bandas por Eduardo De Ponga Díez e Kevin Castro Dacosta. Amoestaron a Pelayo (50') e a Garay (92) no Pontevedra, e a Ares (84') no Langreo.
Incidencias: Partido da xornada 22 de liga na Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 2.506.