Pontevedra, sede da concentración da Selección Española de Xadrez para Cegos previa á Olimpíada

Pontevedra
07 de xuño 2025
Actualizado: 11 de xuño

O combinado nacional concentrarase na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para preparar a Olimpíada, que se celebrará en Vrnjačka Banja (Serbia) do 16 ao 26 de xuño

Selección Española de Xadrez para Cegos Escola Xadrez Pontevedra

A Selección Española de Xadrez para persoas cegas e con discapacidade visual concentrarase do 13 ao 15 de xuño na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus da Universidade de Vigo.

Trátase dunha preparación crucial antes da súa participación na Olimpíada por Equipos de Xadrez para Cegos, que se celebrará en Vrnjačka Banja (Serbia) do 16 ao 26 de xuño.

A Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) elixiu Pontevedra como sede desta concentración para preparar esta importante cita, considerada o torneo por equipos máis prestixioso a nivel mundial nesta disciplina e que se organiza cada catro anos.

Nesta edición, o combinado español chega a esta edición como cuarto cabeza de serie entre as 28 seleccións participantes de catro continentes.

A Escola Xadrez Pontevedra (EXP) e a Universidade de Vigo expresaron o seu orgullo ao contar con dous representantes locais no equipo.

Trátase do pontevedrés David Fernández Lago, bicampión de España FEDC e cuarto clasificado no Mundial individual IBSA 2024, e do Mestre Internacional Daniel Rivera, director técnico da EXP, que asumirá o rol de seleccionador e adestrador do equipo.

Completan a selección Daniel Pulvett Marín, campión mundial xuvenil IBCA e subcampión do mundo FIDE para persoas con discapacidade; Roberto Clemente Llamero, medalla de bronce no Campionato de Europa IBCA 2024;
Miguel Arnedo Vigueras, multimedallista xuvenil e actual subcampión absoluto FEDC; e Esmeralda Sánchez, campioa de España FEDC e subcampioa mundial feminina IBSA 2024.

Pola súa banda, o pasado fin de semana, a EXP–Universidade de Vigo celebrou novos éxitos nos Campionatos Galegos individuais de Xadrez Rápido e Lóstrego.

David García Sobrino proclamouse campión galego na modalidade de rápido e Rubén Fernández López foi segundo na modalidade de lóstrego

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora