O Campionato de España de Clubs celebrado esta fin de semana en Tarragona trouxo consigo a destacada actuación do mozo karateca Mateo Quintás, que se alzou coa medalla de ouro como integrante do Olympic Marbella.
O Pontevedrés entrou en escena o venres para afrontar, xunto a cinco compañeiros, as probas técnicas que esixen executar diversos movementos propios desta arte marcial.
En primeiro lugar realizaron de forma sincronizada diversas técnicas básicas (kihon) para, posteriormente, pór en práctica as súas habilidades á hora de realizar accións defensivas valorándose a eficacia, o control e o realismo.
Para acabar co exercicio, tanto Mateo como os seus compañeiros executaron un combate imaxinario (kata) de forma coordinado e sincronizada.

A gran actuación grupal do equipo cumpriu coas expectativas e levou ao conxunto de seis karatecas entre os que se atopaba o lerezano todo o máis alto do podio da competición.
Este logro deportivo supón o primeiro éxito nacional para Mateo Quintás, que continúa cunha progresión ascendente dentro do panorama nacional do karate.
Ademais, a esta medalla de ouro e ao seu palmarés autonómico hai que engadir a recente convocatoria do pontevedrés coa Selección Española, unha chamada que se produciu no pasado mes de febreiro.