Portomar Cortegada, importante test para o Arxil en Copa Galicia

Pontevedra
01 de outubro 2014

O duelo de rivalidade terá lugar este xoves ás 20:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Partido entre o Cortegada e o Arxil disputado no Pavillón de Fontecarmoa Diego Torrado

Importante pedra de toque para o Club Baloncesto Arxil na súa preparación para unha nova tempada na Liga Feminina 2, na que debutarán o 25 de outubro recibindo o ADB Araski.

As verdes afrontan este xoves un derbi ante o Portomar Cortegada (20:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva) en partido correspondente á Copa Galicia.

Tras a derrota ante o potente Bembibre na súa presentación ante a afección pontevedresa, as verdes afrontan un test que calibrará mellor as súas posibilidades ante as de Vilagarcía, e para iso recuperan a Carla Fernández e Ana Román, baixa o sábado por problemas físicos.

O sábado 4 o Arxil afrontará o seu segundo partido da fase de grupos, será a domicilio ante o Universitario de Ferrol.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora