Portonovo e Vilalonga acollerán dous amigables da Selección Española Sub-17

Sanxenxo
05 de novembro 2025

Os encontros, fronte á República Checa, xogaranse os días 13 e 16 de novembro, segundo confirmou este mércores a Real Federación Española de Fútbol

Selección Española Sub17 RFEF

A Selección Española Sub-17 Masculina de Fútbol escolleu Sanxenxo para a súa próxima concentración.

Tal e como confirmou este mércores a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) o combinado nacional desta categoría concentrarase en Sanxenxo o vindeiro luns 10 de novembro, coa previsión de disputar dous encontros amistoso.

Eses partidos, fronte á República Checa, disputaranse en Portonovo e en Vilalonga respectivamente.

En concreto España Sub-17 medirase aos chechos o xoves 13 de novembro ás 17.00 horas no campo de Baltar.

Repetirá despois o domingo 16 de novembro ás 11.00 horas no Municipal de San Pedro.

Xunto ao anuncio destes encontros a RFEF confirmou a convocatoria de 23 xogadores elaborada polo seleccionador Sergio García.