Positiva estrea de tempada para o Bádminton Ravachol

Pontevedra
18 de setembro 2018

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra disputou a primeira proba do calendario oficial da tempada en Vigo, desprazando un total de cinco deportistas

Equipo do Ravachol Pontevedra na competición do Circuíto Galego en Vigo
Equipo do Ravachol Pontevedra na competición do Circuíto Galego en Vigo / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra iniciou o curso coa súa primeira competición oficial da tempada, dentro do Circuíto Galego Absoluto e sub-11.

Ata Vigo desprazáronse cinco deportistas do club pontevedrés, deixando un balance positivo nas súas actuacións.

Destacou a medalla de ouro en categoría absoluta conseguida por Raquel Miguens e Jesús Pereiro e a prata da propia Miguens na modalidade individual.

Ademais competiron Álex Ramos, María Torres, Javier Rey e o sub-11 Pablo Alborés.

A próxima cita para o Ravachol Pontevedra será o sábado 22 na Coruña, coa disputa do circuíto galego sub-15 e sub-19.