Positiva experiencia de Bádminton Pontevedra no Máster de Toledo

Pontevedra
11 de decembro 2018

Na competición sénior disputada en Toledo representaron aos pontevedreses Raquel Miguens e Abraham Barros, conseguindo bos resultados

Raquel Miguens e Abraham Barros, no Máster de Toledo
Raquel Miguens e Abraham Barros, no Máster de Toledo / Club Bádminton Ravachol Pontevedra

Bos resultados os conseguidos a fin de semana polos deportistas do Club Bádminton Ravachol Pontevedra desprazados ao Máster Sénior de Toledo.

Á localidade manchega acudiron Raquel Miguens e Abraham Barros.

Miguens foi a que conseguiu os mellores resultados ao vencer sen grandes complicacións na categoría individual feminina e impoñerse tamén nos dobres xunto á súa compañeira Dina Abouzeid, do País Vasco, gañando na final por tres apertados sets.

Non conseguiu o ouro no dobre mixto con Luís Veloso, pero tamén subiu ao podio ao facerse coa medalla de bronce, despois de caer eliminados nas semifinais ante os oscenses Jorge Laviña e Carla Pelay.

Pola súa banda na categoría masculina Abraham Barros debutou nunha proba nacional, e a pesar de non poder superar a fase de grupos deixou sensacións  postivas, segundo sinalou o seu club.