A praia da Concha foi escenario, por primeira vez, dunha competición oficial de Salvamento e Socorrismo.
O evento, celebrado durante este fin de semana, estivo organizado pola Federación Galega de Salvamento e Socorrismo en colaboración co Concello de Vilagarcía.

A actividade reuniu a deportistas de toda Galicia nas categorías alevín, cadete e absoluta.
As probas arrincaron ás 10:10 horas da mañá e continuaron en horario de tarde, a partir das 16:00 horas.
Os máis novos competiron en modalidades como carreira con nipper, nadar suf/slalom costa e remuda tríada, mentres que os deportistas de categorías superiores enfrontáronse á carreira con táboa de salvamento, 'Ocean' e remuda tríada, 'Ocean' e mixto.
Pola súa banda, os atletas da categoría Máster, quen só tiveron probas o domingo, realizaron 'Ocean' e remudas.
A xornada estivo restrinxida a deportistas federados, que participaron nos clubs SASA Club de Sada, Sysca Salvamento (Carballo), Salvour (Ourense), Salvamento A Laracha, Cns A Estrada, Club Arteixo, Club Umia, A Coruña e equipo local Club de Natación e Salvamento Vilagarcía.