Prata e bronce para os equipos da Gimnástica no campionato galego de probas combinadas

Pontevedra
27 de decembro 2020

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra pechou o ano atlético coa prata e o bronce que obtiveron o seus equipos masculino e feminino no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Campionato galego de fondo e medio fondo nas categorías sub10, sub12 e sub14
Campionato galego de fondo e medio fondo nas categorías sub10, sub12 e sub14 / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra pechou o ano atlético coa prata e o bronce que obtiveron o seus equipos masculino e feminino no campionato galego de probas combinadas que se celebrou esta fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Carla Rivas (2.204 puntos), Andrea Villaverde (2.168 puntos) e Raquel de la Torre (2.160 puntos) foron as tres atletas que lograron situar ao club pontevedrés nesta terceira praza, ao sumar un total 6.532 puntos. 

Pola súa banda, o equipo masculino estivo formado por Óscar Monteagudo, Luís Mariño, Matías Moldes e Nicolás Quiñones. En total conseguiron 9.211 puntos, o que lles permitiu conseguir a medalla de prata.

Matías Moldes, cun total de 3099 puntos, foi o vencedor do  hexatlón masculino en categoría  sub16.

Ademais das combinadas, o CGTD de Pontevedra tamén acolleu o campionato galego de fondo e medio fondo en categorías sub10, sub12 e sub14.

Nel, competiron diferentes atletas das categorías menores do club.

Na proba de 500 metros participaron Paio Estévez, Paco Lamas, Paula Lago e Emma Daporta e na carreira de 1.000 metros lisos fixérono Anxo Jamardo, Mauro Alexandre e Noelia Quiñones.

Neste campionato galego tamén competiu con éxito o Club Deportivo Pinarium de Marín, que obtivo dúas medallas de ouro. Foron as de Martín Otero e Pablo Barreiro nas carreiras de 500 metros e 1.000 metros respectivamente, en categoría sub10.

Desde o club destacan ademais as boas actuacións de Breixo García, Álvaro González, Marta Rosales, Lois León, Pedro Ojea, Pablo Rosales e Lorena Patiño, que melloraron as súas marcas persoais ou estiveron moi preto delas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora