Primeira derrota da tempada para o Poio Pescamar ao caer en Alacante (4-1)

Poio
08 de outubro 2016

As de Marcio Santos lograron igualar o tanto inicial das locais, pero termináronse vendo superadas na segunda metade

Partido do Poio Pescamar
Partido do Poio Pescamar / Cristina Saiz

Non puido manter a súa boa serie o Poio Pescamar na súa visita a unha cancha complicada, a de Universidad de Alicante (4-1).

As vermellas encaixaron a súa primeira derrota da tempada, pero loitaron ata o final para tentar rabuñar polo menos un punto.

As locais golpearon pronto, no primeiro minuto, cun gol de Lara Terrés, facéndose co dominio nos primeiros compases, pero co paso dos minutos o Poio foi mellorando e antes do descanso Patri Corral lograba empatar tras un saque o longo de Silvia.

Empazaba un encontro novo no segundo tempo, pero o acerto do Universidad de Alicante nos primeiros minutos do segundo acto fixo que encarrilasen o choque, con dous goles en 5 minutos.

As de Marcio Santos seguírono tentando e non lle perderon a cara ao choque, ata que o técnico vermello apostou por xogar de cinco e as locais sentenciaron co seu cuarto gol.

UNIVERSIDAD DE ALICANTE (4): Jennifer, Mónica, Pao, Sara, Lara -cinco inicial- Ángela, Elena, Anita, Melli, Morote, Anna Riera.

POIO PESCAMAR (1): Silvia, Charo, Ceci, Jessi, Jenny -cinco inicial- Ale de Paz, Jessy Lores, Caro, Patri Corral, Suki.

Goles: 1-0 Lara Terres (min.1), 1-1 Patri Corral (min.20), 2-1 Pao (min.24), 3-1 Melli (min.25), 4-1 Sara (min.39).

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Universitario de Alacante.