Primeira fichaxe para o cuarto ano do Waterpolo Pontevedra en Primeira Nacional

Pontevedra
27 de agosto 2025
Actualizado: 12:08

O club pontevedrés empeza a preparar a que será a súa cuarta tempada consecutiva en categoría nacional, confirmando a fichaxe de María del Castillo Rodríguez

María del Castillo Rodríguez, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra
María del Castillo Rodríguez, nova xogadora do Waterpolo Pontevedra / CW Pontevedra

Por cuarta tempada consecutiva o Club Waterpolo Pontevedra competirá na Primeira Nacional Feminina, e xa está ao choio para configurar o seu novo proxecto deportivo.

A entidade pontevedresa confirmou a que é a súa primeira incorporación para o novo curso.

Trátase de María del Castillo Rodríguez Muñoz.

Procede do UWC Jérez.

A pesar da súa mocidade, 21 anos, conta con cinco tempadas de experiencia en Liga Nacional co Club Waterpolo Dos Hermanas.

Unha xogadora que "achegará a súa experiencia nas posicións 1 e 2", afirma o Waterpolo Pontevedra.