Propósito de emenda do Arosa que sorprende ao líder Cerceda no Roxo (1-2)

O Salnés
10 de xaneiro 2016

Os tres goles do partido chegaban na segunda parte. Adiantábase o Arousa cun gol de Cabanyes (minuto 52). Empataba o Cerceda no minuto 63 por medio de Edu, pero Fran Fandiño daba a vitoria aos arlequinados, conseguindo o 1-2 definitivo a falta de seis minutos para o final do partido

Partido entre Cerceda e Arosa no Roxo
Partido entre Cerceda e Arosa no Roxo / Rubén Abal / Arosa SC

Golpe de efecto do Arosa e propósito de emenda dos erros que lle levaran a realizar unha decepcionante primeira volta ligueira. Os de Piscis deron un golpe de man no Roxo, sorprendendo ao líder da categoría e conseguindo tres importantísimos puntos que lle permiten mirar con ambición á zona alta.

Os tres goles do partido chegaban na segunda parte. Adiantábase o Arousa cun gol de Cabanyes (minuto 52). Empataba o Cerceda no minuto 63 por medio de Edu, pero Fran Fandiño daba a vitoria aos arlequinados, conseguindo o 1-2 definitivo a falta de seis minutos para o final do partido.

No primeiro tempo os locais saíron mellor e nos primeiros minutos Cardeñosa sacou un remate perigoso e Jorge Pérez detivo un bo remate de Álex Ares. Os de Piscis foron entrando no encontro, que se igualou. Mediada a primeira metade Cabanyes tivo un man a man con Marcos Valin, que este saca ben. De novo Cabanyes tivo outra ocasión que despexou a defensa por liña de fondo. 

No segundo tempo chegaba o gol de Alberto Cabanyes á volta de vestiarios, tras unha gran asistencia de Eloy Fariña. Pouco despois empatou Edu cun bo remate na área  pequena. Antes do empate, Jorge Pérez sacou unha gran man a un disparo de Agulló dentro da área.

Tras o empate do Cerceda, o partido volveuse tolo e convertiuse nun ida e volta constante. O Arousa estaba a pasalo mal atrás pero Jorge Pérez demostrou ser un dos mellores porteiros da categoría.

No medio da tormenta de ocasións, Fran Fandiño rematou un centro no segundo pau para facer o 1-2 definitivo. O partido chegou ata o minuto 98 debido a moitos cortes no xogo. A falta de puntería de Agulló e unha boa man de Jorge Pérez, un dos mellores hoxe, foi o mais destacado do final do partido. 

Consulta aquí o acta do partido.