RADIO.- O Pontevedra ofrece un contrato de tres anos a Miguel Loureiro

Pontevedra
06 de xuño 2017

O conselleiro responsable da dirección deportiva do club granate, Roberto Feáns, visitou este luns o programa La Trastienda de PontevedraViva Radio, onde recoñeceu que queren reter ao lateral, un dos xogadores que máis subiron a súa cotización esta tempada, ofrecéndolle un contrato de longa duración

Roberto Feáns no programa La Trastienda de PontevedraViva Radio
Roberto Feáns no programa La Trastienda de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Quere reter o Pontevedra a un dos futbolistas que máis subiron a cotización na presente tempada, o lateral Miguel Loureiro.

Por ese motivo o club granate, ademais dunha notable subida económica, ofreceu a Loureiro un contrato de tres anos de duración, algo reservado a uns poucos elixidos xa que a filosofía da directiva estas últimas campañas foi a de asinar por norma xeral contratos dun ano e ir así negociando cada verán para non hipotecar as arcas da entidade.

Así o recoñeceu o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, no programa La Trastienda de PontevedraViva Radio, ao que acudiu para dialogar da actualidade do club xunto ao xa ex-xogador e capitán Adrián Gómez.

"En el caso de Miguel en febrero nos hemos sentado con él para ofrecerle mejorar el contrato y mejorar las condiciones, él no ha querido sentarse hasta final de temporada", sinalou o director deportivo granate antes de revelar que "ahora mismo puedo decirte que le hemos ofrecido una propuesta de tres temporadas".

Feáns explicou que o Pontevedra ten claro que xogadores deben continuar no equipo e por iso "a casi todos se les ha mejorado un poco para que se queden", pero sen perder a perspectiva económica xa que "nosotros no podemos ponernos a la par de clubes que todos los años hacen presupuestos abismales", sinalou.

En todo caso "yo confío en que la mayoría van a renovar", comentou ante os micrófonos de PontevedraViva Radio antes de recoñecer que algún futbolista aceptou xa a oferta de renovación, a falta de concretar pequenos detalles, porque "saben que quieren estar aquí".

Tanto Miguel Loureiro como o resto de xogadores aos que se lles ofreceu a renovación contan de prazo ata o vindeiro venres, día 9 de xuño, para contestar á proposta do club.