Real Madrid Castilla, último trámite ligueiro para o Pontevedra

Pontevedra
18 de maio 2019

Os granates afrontan este domingo (18:00 horas) na cidade deportiva de Valdebebas, en Madrid, o seu último partido de liga, un duelo con pouco mais en xogo que a honra deportiva 

Adestramento do Pontevedra na Xunqueira Mónica Patxot

Descafeinada última xornada de liga para o Pontevedra Club de Fútbol, que xa sen nada de valor en xogo máis aló da honra deportiva visita este domingo (18:00) o Real Madrid Castilla na cidade deportiva de  Valdebebas.

Será o último trámite para os granates antes de marcharse de vacacións, aínda que aínda lles agardan uns par adestramentos tras o choque. Iso si, tómano "con la idea de competir, de intentar ganar el partido", sinala Luismi.

O técnico defende que "queremos ganar e irnos de vacaciones con las mejores sensaciones", e iso pasa por vencer a un rival que ata hai unha semana era directo e que si que pelexará polo ascenso de categoría.

Segundo o preparador pontevedrés os seus non se deixarán ir, xa que "defendemos un escudo, una camiseta y detrás hay una afición que hay que respetar".

O Pontevedra afronta a xornada definitiva sen baixas por lesión ou sanción, un partido que será arbitrado polo estremeño Manuel García Gómez.