Poucos equipos dos que visitaron esta tempada A Lomba dispuxeron das oportunidades de gol que o Laracha xerou, sobre todo no segundo tempo. Pero, entre a inocencia dos dianteiros visitantes e o grande acerto do meta local, Álex Vila, impedieron que os coruñeses se levasen polo menos un punto moi merecido do feudo arosista.
Non foi unha tarde brillante a do Arosa. Non obstante, si que contou coa nota emotiva do regreso do gran capitán, Adrián Camiño, seis meses despois da grave lesión que o fixo permanecer na enfermaría durante a maior parte da tempada. Pero ao capitan arlequinado non se lle esqueceu o fútbol, e na súa reaparición sumou ás gotas de gran calidade que as súas botas atesouran un gol no desconto que certificaba a vitoria dos de Piscis, colocando o balón á dereita do porteiro, e provocando unha grande ovación do público, mentres o xogador se fundia nun abrazo co preparador físico, Ezequiel Ramos, que tanto lle axudou na súa rehabilitación.
En definitiva, resultado inxusto para os méritos duns e outros, xa que o Laracha, ao contrario que o decepcionante Cerceda hai 15 días, si realizo unha formulación valente en busca dos tres puntos que tanto necesitaban.
AROSA SC (2): Álex Vila; Juanjo, José Ángel, Martín, Munín, Rivas, Nando, Pablo Pillado (Adrián Camiño, min. 58), Jonathan, Eloy (Rubén, min. 77) e Quique Cubas (Ramón, min. 85).
LARACHA CF (0): Damián; Raúl, Beto (Josiño, min. 82), Iván, Javi Villar, Edu, Denís, Jorge (Brais, min. 54), Kevin (Carlos, min. 72), Miguel Taibo e Yun.
Árbitro: Pablo Álvarez Calderón (Vigo), auxiliado nas bandas por Javier Gil Escudero e Elena Casal Fernández. Expulsou o xogador do Arosa, Rivas, por dobre amoestación (minuto 85). Amoestou a José Ángel, polos locais.
Goles: (1-0) Minuto 28: Jonathan. (2-0) Minuto 92: Adrián Camiño).
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 550 espectadores.