Recepción municipal a Antía García tras a súa tripla medalla no Europeo de Salvamento

Umia
05 de outubro 2021

A deportista caldense sumou tres medallas, unha delas de ouro, no recente Campionato de Europa de Salvamento que se celebrou en Castelló

Recepción municipal a Antía García tras a súa actuación no Europeo de Salvamento
Recepción municipal a Antía García tras a súa actuación no Europeo de Salvamento / Concello de Caldas de Reis

Antía García recibiu este martes o recoñecemento e agarimo do Concello de Caldas de Reis tras a súa brillante actuación no Campionato de Europa de Salvamento.

A deportista caldense sumou no Europeo de Castelló tres medallas, unha delas de ouro e con récord de España incluído, na proba de 100 metros remolque  maniquí.

Antía foi recibida polo alcalde do municipio, Juan Manuel Rey, e os tenentes de alcalde, Manuel González e Jacobo Pérez.

Os dirixentes locais sinalaron como un exemplo a unha nadadora que é tamén campioa mundial e que presta o seu nome á piscina municipal.