O Squash Pontevedra presume de subcampioa nacional absoluta, Marta Domínguez.
A deportista do club pontevedrés foi recibida oficialmente este venres polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, como recoñecemento á súa traxectoria.
Domínguez quedou a un paso do título nacional no campionato celebrado recentemente en Santa Cristina D'Aro, Xirona.
Este resultado é só uno máis dunha exitosa traxectoria que, a pesar da súa mocidade, levoulle a defender á Selección Española.
Ademais hai poucas semanas conseguiu outro éxito ao colgalr a medalla de ouro no Campionato de España Sub-19.