Repartición de puntos na Raña entre Marín Futsal e Roldán (3-3)

Marín
01 de outubro 2022

Empate con sabor agridoce o conseguido este sábado polo Marín Futsal no Pavillón da Raña. As xogadoras de Ramiro Díaz estiveron por diante no marcador en dous ocasiones pero tivéronse que conformar cun 3-3 ante un Roldán batallador  

Partido entre Marín Futsal e Leganés na Raña

Empate con sabor agridoce o conseguido este sábado polo Marín Futsal no Pavillón da Raña. As xogadoras de Ramiro Díaz estiveron por diante no marcador en dous ocasiones pero tivéronse que conformar cun 3-3 ante un Roldán batallador.

Comezou dominando o cadro visitante con dous avisos desde media distancia, pero foi o Marín Futsal o que tomou as rendas cun tanto de Sara Santos de vaselina aos cinco minutos de xogo.

Pouco despois puideron as locais aumentar a renda cun disparo de Bea Mateos tras un roubo de balón, pero o seu remate foise desviado e foi o Roldán o que, nunha falta indirecta na frontal da área, devolveu as táboas cun tanto de Andrea Marín.

Dous minutos máis tarde, Ceci facía o 2-1 desde o punto de penalti, tras unha falta cometida por Toñi, que foi expulsada.

Era obrigada a reacción para o Roldán e chegou enseguida. As xogadoras visistantes fixeron unha boa defensa, Noelia Montoro roubou en tres cuartos de pista e habilitou a Ángela Górriz para igualar de novo o envite. Antes do intermedio Ceci dispuxo dun tiro ao pau e o partido foise 2-2 ao descanso.

Na segunda parte, non había un dominador claro en canto a ofensivas, salvo un pontente disparo de Ceci que Ana Rubio evitou que entrase.

Unha vez superado o ecuador do segundo acto, Mayte Mateo poñía ao Roldán por diante por primeira vez en todo o partido tras unha gran acción persoal na que dribló ao seu rival e sacou un bo chute cara ao á esquerda.

Pero pouco durou a alegría ás murcianas, que se toparon cunha Ceci que fixo unha boa xogada persoal e culminouna cun disparo a media altura coa que devolvía a igualdade ao partido.

Xa no tramo final, Ramiro Díaz optou polo xogo de cinco e puido facer o cuarto tanto por mediación de Ceci, mentres que Marian e Mayte Mateo fixeron o propio para o Roldán. 

MARÍN FUTSAL (3): Silvia Aguete; Ceci, Café, Lara Balseiro e Bea Mateos  quinteto inicial). Tamén xogaron, Ale de Paz, Pau, Sara Santos, María León, Adri.

STV ROLDÁN (3): Almudena; Consuelo, Toñi, Andrea Marín e Marian (quinteto inicial). Tamén xogaron, Alba Gandía, Laura Fernández, Mayte Mateo, Ángela Górriz, Carmen, Noelia Montoro, Lola e Ana Rubio (segunda porteira).

Goles: 1-0, min. 5 Sara Santos. 1-1, min. 11 Andrea Marín. 2-1, min. 13 Ceci (penalti). 2-2, min. 13 Ángela Górriz. 2-3, min. 32 Mayte Mateo. 3-3, min. 34 Ceci

Incidencias: A Raña. Colexiados, Amor Vizoso e Dans Rey. Amoestaron a Bea Mateos no Marín e Laura e expulsaron a Toñi, do STV Roldán, no minuto 13.