O Medio Maratón de Pontevedra xa pechou o prazo de inscricións reducido coa confirmación de 950 inscritos, entre os que se encontra Reyes Estévez.
O atleta internacional confirmou a súa presencia na carreira do próximo 15 de outubro, na que buscará por segundo ano consecutivo subirse ao máis alto do podio.
No seu palmarés conta con posto de finalista nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 e varias medallas nacionais e internacionais. Quedou terceiro en dous mundiais de aire libre, en Atenas 1997 e Sevilla 1999. A nivel europeo, gaño en Budapest 1998 e quedo segundo en dúas ocasión: en Munich 2002 ao aire libre e en Lisboa 2001 en pista cubierta. Tamén conseguiu a medalla de bronce no Europeo de Madrid de 2005 en doble proba, nos 1500ml e nos 3000ml.
Desde a Sociedad Gimnástica de Pontevedra lembran que as inscricións seguirán abertas ata as 23:59 horas do próximo 8 de outubro a un prezo de 30 euros na distancia longa e de 15 para a curta. Para os máis pequenos a cota seguirá sendo dun euro, co que participarán nun sorteo de material deportivo da Tienda Miler Vintage Running Club.
As incricións poden formalizarse a través da páxina web da proba.