A RFGF recoñece a adestradora pontevedresa Lucía Abreu no "partido das estrelas" polo 8M

Pontevedra
06 de marzo 2026
Actualizado: 20:29

O acto celebrouse no Novo Campo da Estrada e homenaxeou a diversas mulleres ligadas ao mundo do fútbol galego. Unha das galardoadas foi Lucía Abreu, adestradora na AJ Lérez

Paula Barral recollendo o galardón da RFGF Concello da Estrada

O Novo Campo da Estrada foi o escenario do acto conmemorativo polo Día Internacional da Muller celebrado pola Real Federación Galega de Fútbol.

O evento comezou ás 11:30 e contou coa presenza de numerosas personalidades como actrices, artistas, políticas, presentadoras ou futbolistas que participaron no "partido das estrelas".

Este é o segundo ano no que a RFGF organiza esta cita conmemorativa polo 8M.

No marco desta celebración homenaxeouse a Lucía Abreu, adestradora no club pontevedrés A.J. Lérez.

A RFGF quixo galardoala xunto a outras tres personalidades: Adriana Vázquez Figueroa (presidenta do CD Sar Extramundi), Alba Torres Becerra (futbolista da Vitoria FC de Santiago) e a árbitra Mayra Camila Araujo.

En nome de Lucía Abreu, que non puido estar presente no acto, acudiron Paula Barral Martinez, xogadora do SCD Salcedo e adestradora na A.J. Lérez, e Patricia Casal, adestradora tamén do clube.

Este galardón recoñece o traballo de Lucía e a súa traxectoria ligada ao mundo do fútbol.

Ademais pon en valor a importancia de persoas como ela en favor da igualdade no deporte.

Non faltou mención para outra pontevedresa como Tere Abelleira, cuxa figura en relación ao futbol feminino foi posta en valor pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en