A afección do Pontevedra Club de Fútbol responde á chamada.
"Granate, Pasarón te necesita" e "Pasarón marcará o primeiro gol" eran as mensaxes deslizadas polo club granate aos seus seguidores á hora de anunciar a promoción e prezo das entradas para a decisiva última xornada da liga regular en Primeira RFEF na que o Pontevedra ten na súa man lograr un posto no play-off de ascenso.
En menos de 24 horas, máis da metade do aforamento de Pasarón está xa comprometido entre abonados e entradas despachadas, e subindo.
O ritmo de venda é frenético, tanto é así que á primeira hora deste martes a entidade da Boa Vila confirmaba ter superado en apenas un par de horas de venda presencial a barreira das 1.000 localidades despachadas.
ao peche das oficinas minutos despois das 14.00 horas a bancada que habitualmente ten maior demanda como é Fondo Norte colgaba xa o 'sold out', ao quedar sen butacas dispoñibles.
Asímismo a demanda é alta no resto de bancadas, especialmente nos sectores centrais.
A iso súmase o sector visitante situado na zona superior de Fondo Sur. No mesmo bloqueáronse 322 localidades, pero inicialmente habilitáronse para a venda soamente un cento de entradas para seguidores dun Real Avilés que xogará a permanencia en Pasarón.
Desde Asturias unha das peñas do conxunto avilesino prepara un desprazamento organizado en autocar, ao que se sumarán máis fieis en coches particulares.
Ingredientes todos eles que convidan a vivir unha gran xornada de fútbol o vindeiro sábado 23 de maio ás 18.30 horas no coliseo pontevedrés.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.