Roi Fraga conquista o ouro no Open internacional de Bélxica

Umia
22 de marzo 2026
Actualizado: 11:21

O taekwondista do club caldense Número Phi impúxose con autoridade no Open de Bélxica na categoría júnior -73 kg. Esta cita forma parte da súa preparación de cara ao Campionato do Mundo Junior

Roi Fraga no Open Internacional de Bélgica Número Phi

As boas noticias seguen chegando para o taekwondista do Club Número Phi Roi Fraga, que conquistou un novo título internacional.

O pontevedrés disputou este sábado o Open Internacional de Bélxica formando parte da expedición da Federación Galega de Taekwondo.

Roi dominou durante toda a competición e conquistou a medalla de ouro na categoría júnior -73 kg tras cinco combates que culminaron cun KO na final contra Alemaña.

O evento, que se celebrou na localidade de Lommel, presentábase como unha das citas internacionais máis exixentes para o deportista galego dentro do calendario europeo.

E é que o camiño até a final non foi nin moito menos sinxelo, pois Roi Fraga tivo que vencer ao representante turco, primeiro cabeza de serie do torneo, na segunda rolda.

O pontevedrés foi de menos a máis ao longo da competición até lograr un contundente KO na final fronte ao representante alemán.

Ademais do prestixio de gañar, esta competición serviu ao taekwondista para preparar a súa inminente participación no Campionato do Mundo Júnior que se celebrará do 12 ao 17 de abril en Tashkent (Usbequistán).

Roi explicou que foi collendo sensacións a medida que avanzaba no torneo xa que "o primeiro combate custoume un pouco máis, pero despois funme atopando cada vez mellor".

Doutra banda, desde o club de Caldas de Reis Reis, Número Phi, aseguran que "o obxectivo era gañar experiencia internacional antes do Mundial".