Renovación importante no Club Cisne Balonmán.
O club pontevedrés confirmou a continuidade un ano máis de Roney Franzini, experimentado gardameta que será de novo un dos puntais do seu plantel na División de Honra Prata.
"Entrega, compromiso e grandes actuacións baixo paus que queremos seguir gozando no Municipal", sinalou o Cisne tras facer oficial a renovación.
🔁 RENOVACIÓN | Roney Franzini continuará defendendo a portería do Cisne unha tempada máis.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 5, 2025
Entrega, compromiso e grandes actuacións baixo paus que queremos seguir gozando no Municipal.
Imos con todo, Roney! 💪🏻#VamosCisne pic.twitter.com/Xr4AQaxfK8
Trátase da cuarta peza confirmada para a próxima tempada, e a segunda renovación no que respecta aos xogadores, ademais da do adestrador Quiños.
Franzini súmase desta forma ao seu compañeiro Iván Calvo e tamén a dúas fichaxes, os do portugués João Ferreira e o brasileiro Guilherme Linhares.
Con eles o novo proxecto do Cisne empeza a tomar forma, cun espazo asegurado como cada ano para os xogadores formados na canteira pontevedresa e galega.