O Club Cisne Balonmán confirmou a que é a súa segunda fichaxe para a próxima tempada, na que volverá competir na División de Honra Prata.
Unha incorporación que chega desde Portugal.
Trátase do lateral esquerdo João Ferreira, procedente de Os Belenenses.
Tamén pasou por outros equipos do seu país como o Vitoria FC e Benfica.
Aos seus 32 anos afronta agora a súa primeira incursión na liga española.
"Estou con moitas ganas e moi contento de representar a este equipo", sinalou o novo xogador cisneísta no vídeo de presentación compartido polo club.
✍️ FICHAXE | João Ferreira incorpórase ao Club Cisne para a vindeira tempada. O lateral esquerdo portugués de 32 anos, chega procedente do Belenenses.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 4, 2025
… pic.twitter.com/9TboCGAZjf
João é o terceiro xogador confirmado no Cisne 25/26 que volverá comandar Quiños desde o banco, xunto ao renovado Iván Calvo e ao fichado Guilherme Linhares.
No caso do lateral portugués, no Cisne confían en que achegue "intensidade, lanzamento exterior e solvencia defensiva ao noso xogo".