Rufo, o 'pichichi' máis realizador dos últimos anos no Pontevedra

Pontevedra
20 de decembro 2023

No que vai de século só catro veces un futbolista granate logrou superar a barreira dos 20 goles ao final dunha tempada. O último que o conseguiu foi Pablo Carnero en Terceira División na campaña 14-15. A proxección este curso de Rufo colócalle en disposición de ser o quinto nesta exclusiva lista

Rufo, no partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón
Rufo, no partido de liga entre Pontevedra e Compostela en Pasarón / Cristina Saiz

Despois dun curso moi difícil pola situación deportiva do equipo en Primeira RFEF e polos seus problemas físicos, Rufo volve sorrir no Pontevedra Club de Fútbol.

O dianteiro granate chegou ao parón do Nadal como 'pichichi' absoluto da Segunda RFEF con 11 tantos en 16 partidos, empatado con Isaac Romero do Sevilla Atlético no Grupo IV, un reflexo non só de ter recuperado a súa mellor versión senón do peso e responsabilidade que ten dentro do plantel adestrado por Yago Iglesias.

Os seus 11 tantos supoñen unha media de 0,68 goles por encontro, a súa mellor cifra neste sentido desde a súa irrupción en Pasarón na campaña 19-20, cando antes da suspensión pola pandemia asinou 6 goles nos seus primeiros 7 partidos como futbolista do Pontevedra (0,85 goles por partido).

Desde entón, aínda que sendo sempre importante no equipo, os seus número realizadores oscilaron. Logrou 9 tantos na 20-21 e 13 goles, o seu mellor rexistro, na campaña 21-22 en Segunda RFEF na que se terminou ascendendo e a pesar de perderse tres meses de competición por lesión, pero un ano despois en Primeira RFEF só conseguiu dúas dianas en todo a liga.

Cinco campañas en total nas que Rufo chegou a acumular xa 104 partidos entre Liga e Copa do Rei coa camiseta do Pontevedra, con 41 goles en total.

OS DOBRES DÍXITOS, UNHA BARREIRA QUE NON SE SUPERA DESDE 2015

Coa súa proxección actual o 9 granate está en disposición de lograr un fito que se repetiu moi pouco no que vai de século, o de superar a barreira dos 20 goles a final de tempada.

Tanto é así que só en catro ocasiones desde o ano 2000 conseguiuse bater, a última por mediación de Pablo Carnero (20 goles xusto) en Terceira División na tempada 14-15, quedando preto Charles na campaña 21-22 (19 goles).

O récord do século XXI está de momento nos pés de Yuri de Souza, con 24 goles conseguidos na campaña 06-07. Claro que aquela era unha liga de 38 xornadas e con play-off incluído. De feito na xornada 16, na que transita agora o Pontevedra, o brasileiro sumaba 9 goles, menos que a cifra actual de Rufo.

Yuri chegou ademais aos dobres díxitos (22 goles) na 05-06, mentres que Javi Rodríguez fíxoo na súa primeira campaña como granate (20 goles), a liga 02-03.

Rufo por certo apunta ao seu terceiro trofeo como máximo goleador da tempada no Pontevedra, xa que o foi nos cursos 20-21 e 19-20, o primeiro con nove goles e o segundo con 6 igualado con Álvaro Bustos.