Saen Borja Domínguez e Pedro Vázquez, entra David Castro

Pontevedra
05 de marzo 2019

A derrota en Ponferrada deixou outra consecuencia para o Pontevedra, as sancións de Pedro Vázquez e Borja Domínguez ao ver a súa quinta cartolina da tempada. O recentemente chegado centrocampista cumpre ciclo tras participar en só 6 partidos de liga

Pedro Vázquez (esquerda) e Borja Domínguez (centro) nun adestramento do Pontevedra Mónica Patxot

As sancións non dan tregua ao Pontevedra Club de Fútbol, que se afixo vez esta tempada para dispoñer en contadas ocasións de todo o seu plantel para unha xornada de liga, xa sexa por este motivo ou por lesión.

A derrota do pasado domingo en Ponferrada deixou como secuela deportiva dous novos 'castigados', ao ver a súa quinta tarxeta do curso que supón un encontro de sanción por acumulación de amoestacións. 

Trátase de Pedro Vázquez e de Borja Domínguez, dous dos tres amoestados en Ponferrada xunto a Víctor Vázquez 'Churre'.

Rechamante resulta o caso de Domínguez, e é que para ver 5 cartolinas o centrocampista vigués chegado no mercado invernal necesitou soamente 6 participacións, as catro últimas completando os 90 minutos de xogo. 

Ao cumprir estes dous futbolistas ciclo, só Mikel Arruabarrena quedaría agora mesmo ameazado a unha amoestación de ser sancionado.

No aspecto positivo aínda que Luismi perde a dous homes que foron titulares nos últimos encontros, recuperará ante o Burgos a unha das pezas que máis utilizou durante o curso, David Castro, tras cumprir castigo na última xornada.