O verán de 2024 está cheo de deporte e Pontevedra, cidade de grandes deportistas ao longo da historia, non podo ser menos, segundo indica a Sociedad Gimnástica.
A VIII edición do Saltar na Rúa, organizada pola entidade deportiva, celebrarase na Ferrería o sábado 24 de agosto ás 19:30 horas.
Este evento é unha exhibición de disciplinas de salto, que nesta ocasión contará con tres das modalidades máis espectaculares do atletismo: triplo salto, salto de lonxitude e salto con pértega, boa oportunidade para comprobar a dimensión do récord do mundo logrado por Armand Duplantis nas últimas horas nos Xogos Olímpicos de París superando os 6,25 metros
Os asistentes poderán gozar da magnitude das alturas e das distancias percorridas polos atletas a escasos metros do colchón de pértega ou do caixón de area dos saltos.
Despois dos Xogos Olímpicos, o Saltar na Rúa retorna á cidade para achegar o mellor do atletismo a todos os que queiran pasar pola Ferrería e vivir unha experiencia única.