Samuel Blanco, ciclista do Froiz, proclámase campión de España en Xaén

Pontevedra
23 de agosto 2020

Samuel Blanco, ciclista do Supermercados Froiz, proclamouse este domingo campión de España elite tras 190 quilómetros ao ritmo dos profesionais cun media de 42 km/h

Samuel Blanco, ciclista do Supermercados Froiz, primeiro posto no Campionato de España en Jaén
Samuel Blanco, ciclista do Supermercados Froiz, primeiro posto no Campionato de España en Jaén / Federación Española de Ciclismo

Samuel Blanco, ciclista do Supermercados Froiz, proclamouse este domingo campión de España elite en Jaén tras 190 quilómetros ao ritmo dos profesionais cun media de 42 km/h.

Desde o inicio de carreira producíronse cortes e fugas pero sen chegar a coller tempo como para ver perigar nalgún momento o Campionato. Os corredores do Movistar, Caja Rural, Euskaltel Euskadi e Kern Pharma encargáronse de que se botasen abaixo producindo moitos cortes na parte traseira do pelotón polo alto ritmo.

A falta de 60 quilómetros a meta a carreira poñíase moi interesante quedando un grupo duns 40 corredores entre os que ían os corredores do Froiz, Samuel Blanco e Iván Martinez. Houbo un corte de catro corredores profesionais entre os que se introduciu Samuel pero o Euskaltel botou abaixo esa fuga. Na ultima volta foi cando se tensou a carreira quedando un grupo na cabeza de 20 corredores entre os que persistía o propio Blanco xunto dous amateur máis sendo o resto profesionais.

Houbo un ataque a falta de 8 km a meta de Vicente de Mateos (Louletano) e de Fernando Barceló (Cofidis) para preparar a chegada para o seu compañeiro Jesus Herrada quen atacou a falta de 4 quilómetros a meta. Astana con Izaguirre, e Luís León Sanchez, respondían o ataque mentres o do Froiz seguía mantendo o seu gran rendemento a roda dos mellores profesionais.

Por diante gañaría finalmente o segundo do Astana, pasando a Herrada no ultimo quilómetro e medio, mentres Blanco aproveitaba este alto ritmo para facer o seu final a un altísimo nivel chegando en solitario en categoría elite á linea de meta podendo alzar os brazos para celebrar a vitoria máis importante da súa carreira e conseguindo un noveno posto na clasificación profesional a 32 segundos de Luís León Sánchez.