O ciclocrós Con da Romaíña, que se celebrará o 28 de novembro e será puntuable para a Copa Galicia desta disciplina, servirá para estrear o circuíto para bicicletas e peóns do parque empresarial de Nantes situado na zona verde deste polígono industrial.
Organizada polo Club Ciclista Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo, os participantes terán que completar un percorrido de 2.700 metros ao longo do que terán que superar un máximo de cinco obstáculos artificiais.
A orde de saída está xa aprobado e a competición empezará ás 15 horas cos ciclistas de categoría máster 30 seguidos dos máster 50/60 e mulleres máster. Ás 16 comezarán a rodar os máster 40, seguidos dos cadetes masculinos e femininos. A saída da categoría raíña está prevista para as 17 horas coas carreiras masculina e feminina elite, sub 23 e júnior.
Os mellor clasificados das categorías elite e sub 23 levasen premios de 100, 60, 40, 30 e 15 euros en función da súa posición final na carreira.