Sara Cortegoso e Arlet Ortiz conseguen unha medalla de bronce na Presidents Cup de Turquía

Pontevedra
06 de febreiro 2023

A taekwondista pontevedresa escala ao primeiro posto do ranking nacional, mentres que a marinense segue acumulando medallas internacionais

As taekwondistas Arlet Ortiz e Sara Cortegoso, co técnico Miguel Cortegoso
As taekwondistas Arlet Ortiz e Sara Cortegoso, co técnico Miguel Cortegoso / Federación Galega de Taekwondo

A taekwondista pontevedresa Sara Cortegoso logra a medalla de bronce no campionato Presidents de Turquía. Un resultado que a eleva ao primeiro posto do ranking nacional e ábrelle as portas para o campionato do mundo que se celebrará en Acerbaixán do 29 de maio ao 4 de xuño.

A pontevedresa do club de taekwondo Mace-Sport participou neste campionato convocada pola federación galega de taekwondo. Exenta de disputar a primeira rolda pola súa clasificación mundial, a galega debutou en dezaseisavos cunha sólida vitoria sobre a turca Seher Tur Sen. Na seguinte rolda derrotou ao seu compatriota Sofía Marquina, mentres que en semifinais caeu fronte á alemá Sueheda Ger Celik

O próximo reto da pontevedresa será o Open de Turquía G1 para seguir despois co campionato de España Absoluto.

Pola súa banda, a marinense Arlet Ortiz, citada polo equipo español, colgouse tamén a medalla de bronce despois de derrotar á española María Jiménez e á ucraína Darya Kostenevych. En semifinais caeu #ante a medallista olímpica alemá Hatice Kubra.