Saúl Campo, primeira baixa confirmada no Teucro para o regreso a la Liga Asobal

Pontevedra
24 de maio 2017

O club pontevedrés traballa xa a pleno rendemento na planificación da próxima tempada, na que volverá á máxima categoría do balonmán nacional. Seis xogadores teñen polo momento contrato en vigor

Saúl Campo (centro) na celebración do ascenso do Teucro
Saúl Campo (centro) na celebración do ascenso do Teucro / Alba Sotelo

A Sociedad Deportiva Teucro traballa xa a pleno rendemento na planificación da próxima tempada, na que regresará á máxima categoría nacional, a Liga Asobal.

O club pontevedrés anuncio este mércores o primeiro movemento no plantel azul confirmando a saída de Saúl Campo.

O lateral, que chegou o pasado verán ao Teucro procedente do Go Fit Sinfín, abandona así a disciplina do equipo tras unha campaña marcada por unha lesión no ombreiro "muy inoportuna, cuando empezaba a entrar en el equipo" que lle impediu render ao seu mellor nivel, explica Quique Domínguez.

A pesar diso "su esfuerzo en cada entrenamiento, su compromiso con el equipo y su ánimo constante han hecho que deje entre nosotros un magnífico recuerdo", sinala o técnico, que lle desexa "que tenga mucha suerte" no seu próximo equipo.

Trátase do primeiro movemento na planificación do plantel, pero non será o último nos próximos días, nos que se espera pechar a renovación dalgúns xogadores que terminan contrato.

Actualmente son, ademais do adestrador, seis os xogadores que teñen asinado un ano máis co Teucro. Trátase de Johnny Medina, renovado tras a súa lesión de xeonllo, Borja Méndez, Ángel Iglesias, Dani Hernández, Óscar Silva e Jorge García Lloria.