Non é fácil gañar en Calabagueiros e o Céltiga fíxoo. Un solitario gol de Yun, mediado o segundo tempo, deu a vitoria aos da Illa sobre o sempre complicado Barco, permitindo ao cadro branquivermello acceder a unha sorprendente terceira praza, sendo xunto co líder Racing Villalbés o único equipo que segue sen coñecer a derrota en Terceira División.
Consulta aquí o acta do partido entre Barco e Céltiga.
Visitaba San Pedro un Barbadás invicto, pero o Villalonga soubo facerse forte no seu feudo e conseguir un meritorio triunfo no último minuto de partido.
Javi Pazos adiantaba aos celestes ao transformar un penalti (minuto 33), pero Quintairos empataba para os ourensáns mediada a segunda parte.
Cando parecía que o partido terminaría en empate, José Filgueira conseguía o gol da vitoria local.
Consulta aquí o acta do partido Villalonga-Barbadás.
Repartición de puntos no derbi entre Arosa e Ribadumia, nun partido no que os de Jorge Otero deixaron escapar unha vantaxe de dous goles conseguida tras unha saída fulgurante do equipo da Lomba.
Os arlequinados marcaron dous goles nos primeiros 10 minutos de partido, pero o Ribadumia non cedeu e soubo arrincar un meritorio punto.
Fran Matos e Sergio Santos poñían un temperán 2-0 no marcador. Changui recortaría distancias á hora de xogo, e Paco Reigosa conseguía a igualda final, a falta de 13 minutos para a conclusión.
Consulta aquí o acta do partido Arosa-Ribadumia.