Segunda xornada consecutiva suspendida por falta de vento na Xacobeo 6 mR Worlds

Pontevedra
17 de xuño 2022

El comité de regatas decidió este viernes adelantar el inicio de la competición a las 10.30 horas para aprovechar las primeras horas de viento y completar el mayor número de mangas posibles antes de la finalización del campeonato prevista para el sábado

Segunda xornada suspendida de forma consecutiva da Xacobeo 6mR Worlds María Muiña - Xacobeo 6mR Worlds

As inestables condicións meteorolóxicas que están a ter lugar estes días nas Rías Baixas, con altas temperaturas e fortes trebóns, está a ter graves consecuencias nun dos eventos deportivos máis importantes do verán: o mundial de vela da clase 6 mR, que por segunda xornada consecutiva tiveron que suspender outras dúas mangas por falta de vento.

A dana continúa complicando as condicións de vento na ría de Pontevedra. A frota participante no Xacobeo 6 mR Worlds tivo que esperar de novo varias horas este xoves ata que finalmente, tras varios intentos por parte do comité de establecer un percorrido, o día finalizou sen que se puidesen sumar novas probas na clasificación xeral.

Ao redor das 11.30 horas, o comité de regatas convocaba á frota no campo de regatas situado fronte a Sanxenxo para tratar de dar unha saída á hora marcada, as 13:00 horas. A brisa que sopraba entón, con todo, non durou o suficiente como para dar o bocinazo de saída, polo que ao fío das 13:30 horas o comité optaba por mandar á frota de volta a terra e esperar a que as condicións permitisen arrincar a terceira xornada de Mundial.

Finalmente, cando parecía que o vento se mantiña estable cuns sete nós do oeste, os equipos volveron saír cara ao campo de regatas e deuse o bocinazo para unha saída ao redor das 17:30 horas, pero o vento volveu cambiar e un role de sesenta graos cara ao suroeste provocou un novo aprazamento.

Foi o último intento do día, e é que a partir dese momento o vento caeu case por completo para dar paso á tormenta e a xornada deuse por finalizada unha hora máis tarde.

O deste xoves foi o segundo día consecutivo sen vento na ría de Pontevedra. Con dúas xornadas de regata por diante para finalizar o Xacobeo 6mR Worlds, o obxectivo do comité será tratar de completar o maior número de probas posibles. Para logralo, a organización decidiu adiantar o inicio das probas para aproveitar as primeiras horas de vento da mañá. Así, este venres a frota foi convocada no campo de regatas ás 10.30 horas.