Terceiro empate consecutivo para un TM Monte Porreiro que se achega á permanencia na Superdivisión

Pontevedra
03 de febreiro 2025
Actualizado: 10 de febreiro

O conxunto pontevedrés sumou en empate na súa visita ao CTT Olot e mantense na sexta posición da liga

Participantes da Europa Trophy Cup de tenis de mesa en Pontevedra
Participantes da Europa Trophy Cup de tenis de mesa en Pontevedra / Mónica Patxot

O Tenis de Mesa Monte Porreiro está un pouco máis preto da permanencia un ano máis na Superdivisión Masculina, a máxima categoría a nivel nacional.

O equipo pontevedrés sumou un valioso punto na súa visita ao CTT Olot, o seu inmediato perseguidor na clasificación.

É o terceiro empate consecutivo na competición para o Visit Pontevedra, que contou nesta ocasión con Miguel Ángel Vílchez, Martín Betancor e André Silva.

O xogadores adestrador por Nando Álvarez salvaron ademais unha situación complicada, e é que comezaron o enfrontamento 2-0 abaixo tras as derrotas iniciais de Vílchez e Betancor.

Reaccionaron con todo para igualar en dous duros partidos a cinco mangas, gañando André Silva a Yaroslav Zhmudenko e Miguel Ángel Vílchez a Damien Prostov, e poéndose por diante 3-2 ao gañar André Silva a Rafael de las Heras.

Co empate xa asegurado, Martín Betancor non puido dar a puntilla ao duelo certificándose o 3-3 final.

Este resultado deixa ao Monte Porreiro na sexta posición da Superdivisión con 14 puntos, con 7 de vantaxe sobre os postos de descenso.

A próxima fin de semana os pontevedreses recibirán en Príncipe Felipe nunha nova xornada o Hortitec Alzira, oitavo clasificado.