Seis anos despois, o Umia coróase campión galego absoluto de salvamento

Pontevedra
14 de febreiro 2023

El equipo de Caldas participó el pasado sábado en el campeonato autonómico de categoría absoluta en el que logró 14 medallas, tres récords gallegos y un récord de España

O Club Acuático Umia proclámase campión galego absoluto de salvamento
O Club Acuático Umia proclámase campión galego absoluto de salvamento / Club Acuático Umia

O Club Acuático Umia volveu levantar un título autonómico despois de seis anos ao gañar o II Campionato Galego Absoluto de Distancias Cortas, celebrado este pasado sábado en Carballo e no que participaron nove clubs. Os 21 deportistas do Umia conseguiron ser campións na categoría feminina e na masculina, acadando así o título autonómico cun total de 545 puntos. O segundo clasificado foi o club local, o Sysca (466 puntos) e o terceiro o SAL de Laracha con 378 puntos.

O Umia encabezou a clasificación durante toda a xornada conseguindo subir finalmente ao máis alto do podium autonómico, o que volve amosar o gran traballo que está a realizar o equipo técnico e todos os deportistas do club caldense, que non conseguía unha vitoria final absoluta desde febreiro de 2017. Este título confirma a boa liña de traballo dos últimos anos e especialmente do último ano e medio, onde a entidade caldense conseguíu aumentar de 46 a 126 licencias, reabrindo a escola deportiva e organizando, entre outros, un exitoso Campionato de España infantil e cadete.

Neste segundo Campionato Galego de Distancias Cortas o Umia acadou un total de 14 medallas, tres novos récords galegos e un récord de España, todavía pendente de validar.

Na primeira proba da mañá, o 50 obstáculos absoluto feminin,o Lidia Aboy conseguia a primeira posición e batía o récord galego xuvenil, seguida de Paula Fariña que acabou cuarta. En categoria absoluta masculina Oscar Pereiro, que debutaba co Umia, conseguía a prata. Na proba de 50 metros combinada masculina Oscar Pereiro conseguia unha nova prata.

Na ultima proba individual da mañá, o 50 socorrista femenino, Ana Abal acadou nha nova prata para o Umia. Mentres que na categoría masculina, Alex Piso logrou o mesmo resultado. Ademais, Martiño Mosquera finalizou cuarto batindo o récord galego xuvenil.

Pola mañá disputáronse tamén as probas de remudas de 4x25 obstáculos e 4x25 mixto. No primeiro, as deportistas femininas acadaron a prata (Celia Lima, Ainoa Carracedo, Laura Mirás e Paula Fariña), medalla que tamén conseguirían os deportistas masculino (Oscar Pereiro, Miguel Fariña, Manuel Vilar e Alex Piso). Na remuda mixta o clube conseguiu o ouro facendo récord galego ( Ana Abal, Lidia Aboy, Oscar Pereiro e Alex Piso). 

A sesión da tarde comezaba coa proba de 100 metros supersocorrista feminino na que Lidia Aboy acadaba a medalla de prata. Pola parte dos depostistas masculinos, Alex Piso coroouse como campión galego.

Na última proba individual do campionato, o 50 aletas feminino, Lidia Aboy conseguia a prata cun novo récord de España xuvenil. Na categoría masculina, Alex Piso conseguia outra prata máis. Pola súa banda, Martiño Mosquera foi quinto e quedou moi preto do récord de España xuvenil.

Pola tarde tamén se disputaron as remudas de 4x12,5 arrastre e o 4x25 combianado. No primeiro, as deportistas femininas conseguiron o ouro con récord galego absoluto incluído (Ana Abal, Celia Lima, Ainoa Carracedo e Lidia Aboy) e os deportistas masculinos conseguiron un bronce (Dani Naf, Hugo Loureiro, Martiño Mosquera e Alex Piso). Na remuda combinada, o feminino conseguiu outra prata (Ana Abal, Inés Barbeito, Lidia Aboy e Paula Fariña) e o masculino acabou en cuarta posición ( Manuel Vilar, Alex Piso, Hugo Loureiro e Daniel Naf).